skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ZONA CENTRO E O CONSORCIO DO SALNES ESTREARAN SEDE NA RUA NOVA DE CAMBADOS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Asociación de Comerciantes Zona Centro cambia de sede e traslada as súas oficinas dende a Rúa Ourense ao inmoble da Rúa Nova onde antes se ubicaba a Mancomunidade do Salnés. Alí agardan estar antes de que remate o ano con maior espazo para reunións e cursos. O edificio, que está a ser obxecto de reparación da fachada, acollerá tamén a sede do Consorcio do Comercio do Salnés e da Fundación Plácido Castro, na planta segunda e terceira respectivamente. As obras de acondicionamento exterior, financiadas a través do Plan Concellos, supoñen un…

Read the full description

investimento de 18.000 euros, trala baixa conseguida na licitación do proxecto de 4.000 euros, que agora se destinarán a amoblamentos interiores. Previamente, o Concello de Cambados realizara o pintado interior e a consolidación do tellado por importe duns 20.000 euros. Queda pendente agora a mellora da accesibilidade do edificio, que carece de ascensor, ao non recibir a axuda solicitada á Xunta. En canto ás oficinas actuais de Zona Centro na Rúa Ourense, serán habilitadas para acoller as dependencias do Oral, que ocuparán a maiores o espazo onde se ubica Espina e Delfín. A concesionaria do servizo da auga mudarase ao despacho da oficina de recadación provincial. Cambios, que, en todo caso, para o Presidente de Zona Centro e do Consorcio do Salnés, Juan Rey, serán un revulsivo para o comercio da comarca xa que ambas entidades contarán con sede oficial. Así o decía durante unha visita ás obras de reforma, acompañado polo Concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, e o Tenente de Alcalde Victor Caamaño.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.