skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

SO 1 ALUMNO DOS 207 DO IES DE A ILLA ACUDIU ESTA MAÑA A CLASE

Masivo respaldo unha vez máis da comunidade educativa da Illa de Arousa contra o cese do director do Instituto, Alfonso Malvido. Só un alumno dos 207 que hai no instituto da Illa, residente fora do concello, acudiu esta mañá a clase en resposta á chamada da Asociación de Pais e Nais do centro acordada en decembro de non enviar nin hoxe nin mañá aos seus fillos a clase. Os pais tamén realizaron unha concentración, con cacerolada incluída, ás portas do centro que reuniu a medio centenar de persoas. Ademais dos pais, tamén participaron profesores e estivo presente o alcalde Manel Vázquez . Ambas…

Read the full description

medidas de protesta volveranse a repetir mañá, ainda que a concentración somente será de 11:30 a 12:00. Paralelamente, a ANPA tamén comezou a tramitar no Consello Escolar a proposta de bautizar o IES co nome de Alfonso Malvido. Agora deberán cursar a correspondente tramitación ante a Xunta. Será a última das medidas de protesta que adoptará a ANPA contra o cese de Malvido, agardando que se normalice a situación unha vez que xa tomaron posesión dos cargos os integrantes da nova directiva, formada polo mesmo equipo anterior agás o director. Seguindo a orde de Educación, a xefa de estudios é agora a nova directora e o resto dos cargos pasan a ocupar un posto máis arriba, manténdose así as mesmas persoas ainda que noutros postos. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falabamos de todo elo con Vicente Barbosa, vocal da ANPA do IES de A Illa de Arousa.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.