skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CAMBIO A SANTIAGO DAS NEGOCIACIONS POR PARTE DE LANTERO IMPIDEN O PRIMEIRO ENCONTRO DAS NEGOCIACIONS

Incerteza sobre cómo se desenvolverán as negociacións entre a dirección de Lantero e o comité de empresa sobre o plan de viabilidade presentado pola firma. I e que o primeiro encontro entre as partes, que estaba previsto para esta mañá, non chegou a celebrarse. Mentres os representantes dos traballadores presentáronse na sede de O Pousadoiro para comezar a xuntanza, a dirección agardaba por eles en Santiago, no Hotel Eurostar en San Lázaro. A dirección de Lantero cambiou o escenario das negociacións ó considerar que a paz social non está garantida nas instalacións de Vilagarcía, comunicando ó…

Read the full description

comité, asegura a firma, que as negociacións se establecerían en Santiago, non en Vilagarcía». Fuentes oficiais da firma explicaban nun comunicado esta mañá a súa decisión de trasladar a Compostela o inicio das conversacións sobre o plan de recortes comunicado a semana pasada aos traballadores da factoría vilagarciá. Sen embargo, os responsables da compañía non concretan o significado exacto do concepto «paz social» nin nas premisas nas que se basean para concluír que esta situación non está garantida. Dende o comité de empresa, aseguran que a empresa non lles comunicou o cambio de escenario e pensan que se trata do interés da dirección en deixar ós traballadores en mal lugar cara á opinión pública. Nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Jesús López, presidente do comité de empresa.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.