skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AUGAS DE GALICIA SUSTITUIRA OS BOMBEOS DE CABANELAS PARA EVITAR FILTRACIONS

A Mancomunidade do Salnés busca solucións aos cada vez máis contínuos verquidos ao Umia no entorno de Cabanelas. Un dos problemas é a pouca capacidade do bombeo de Cabanelas, ademáis do seu estado de deterioro que provoca filtracións nos colectores. Para solventalo, Augas de Galicia ten en marcha un plan de sustitución dos bombeos a través de fondos europeos, mentres que será o organismo provincial ou ben os concellos os encargados de reparar as filtracións da rede de tuberías. A actuación tamén incluirá unha inversión de 800.000 euros para a instalación dunha conducción nova dende Cabanelas…

Read the full description

á EDAR de Ribadumia, que realizará a empresa Espina e Delfín. En canto os verquidos industrias, a entidade iniciou unha investigación e exixirá o cumplimento da lei para que as empresas depuren os seus verquidos. De momento, xa hai dúas empresas identificadas susceptibles de estar en situación alegal e prevese que para a semana se concluan novos estudos. Neste sentido, ainda que de principio son os concellos os que deben decretar as sancións, a Mancomunidade consensuará cos municipios unha posible delegación na entidade comarcal. Ao marxe do problema do verquidos, a Mancomunidade tamén aprobou a reparación da conducción de O Grove mentres que non se instala unha nova canalización dentro dun ano, cun orzamento previsto de 1,8 millóns de euros. Todo elo explicábao esta mañá o Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.