Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DOUS PROXECTOS DE 700.000 EUROS OPTIMIZARAN A PLANTA DE AUGA DE TREVISCOSO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés conseguiu, por fin, a financiación para poñer en marcha a finais de ano dous proxectos de mellora e eficacia da Estación de Tratamento de Auga Potable da comarca, ubicada en Treviscoso. Son dúas importantes actuacións de alta innovación que asceden a case 700.000 euros subvencionados nun 80% polo IDAE, Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía adscrito ao Ministerio de Transición Ecolóxica. O resto tería que ser asumido polos Concellos integrados na Mancomunidade ainda que a entidade comarcal prevé que finalmente…
Read the full description
as partidas municipais se amorticen co aforro que se consiga mediante a implantación dos novos sistemas. En principio, prevese unha reducción do 38% da enerxía e unha diminución de 600.000 kilos de CO2. Asimesmo, con esta obra preténdese buscar unha solución á presencia da alga Egeria Densa que obstrue as canalizacións puidendo provocar a rotura do sistema de bombeo. Son, concretamente, dous proxectos. O primeiro, de Eficiencia Enerxética, ten un custe de 300.000 euros destinados á mellora do equipo de bombeo: cambiaranse os motores trifásicos e instalaranse motores de frecuencia. O segundo proxecto, de Enerxías Renovables, está valorado en 364.000 euros, e consiste na ubicación dun pozo ranulado, a instalación dunha turbina de hélice e un sistema tecnolóxico para os depósitos de cabeceira. Novas medidas que suporán a optimización da planta de Treviscoso aproveitando a forza do caudal do Umia como efecto turbina. Ambos proxectos foron presentados esta mañá polo técnico da Mancomunidade, Carlos Vieites, e o inxenieiro da obra, Luis Varela, acompañados do presidente comarcal, Gonzalo Durán e o delegado de Turismo, Gonzalo Pita.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.