Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

FATIMA ABAL E VICTOR CAAMAÑO TRANSMITEN TRANQUILIDADE SOBRE O PACTO DE GOBERNO
Tranquilidade é o que se quere transmitir dende os tres grupos do goberno local de Cambados sobre a continuidade do pacto con Cambados Pode, tralo enfado amosado polo concelleiro de Tráfico José Ramón Abal polo anuncio do peche temporal ao tráfico da Praza de Fefiñáns durante Semana Santa. Tanto a alcaldesa, Fátima Abal, como o teniente de alcalde e concelleiro do BNG, Victor Caamaño, restaron gravidade ás palabras de José Ramón Abal nos medios de comunicación. Ambos aseguraron esta mañá que o pacto non está en perigo, que todo se solventará a través do diálogo, que non hai resolución…
Read the full description
definitiva adoptada e que os catro grupos reuniranse nas próximas horas para reconducir a situación. Para saber a última hora falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA co concelleiro do BNG, Víctor Caamaño, hoxe alcalde en funcións. O concelleiro de Tráfico, José Ramón Abal, amosouse moi molesto cos seus compañeiros do cuatripartito “polas formas” coas que o portavoz do goberno, Xurxo Charlín, anunciou o peche ao tráfico da Praza de Fefiñáns durante Semana Santa. O edil de Cambados Pode encontrábase en Madrid nunha reunión da Asociación Española de Cidades do Viño cando, dí, se enterou por terceiras persoas do anuncio, pois ese asunto non se abordou en ningunha reunión do goberno. Mesmo chegou a afirmar que, de inclumplirse o punto do pacto de goberno que desbota a peonalización de Fefiñáns, o acordo do cuatripartito quedaría suspendido.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.