Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

SANXENXO CONMEMORA O 25N CON ACTOS ATA FINAIS DE NOVEMBRO
Concellos e asociacións preparan xa os actos do Día contra a Violencia Machista, que como cada ano se celebrará o 25 de Novembro. En Sanxenxo, a programación do 25 N exténdese ao longo do mes con diversos actos que comezan hoxe cunha campaña de sensibilización entre os comercios asociados de Entretendas. As actividades institucionais máis destacadas serán o día 27 de Novembro, cunha charla coloquio na Sala Nauta, ás 17 horas, sobre “Prevención da Violencia de Xénero no ámbito veciñal”, a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella. Ao seu remate terá lugar un acto…
Read the full description
reivindicativo polas víctimas da violencia machista que consistirá na escenografía dun lazo humano e un photo call promovido pola Escola de Arte, así como unha exposición fotográfica. Os detalles contabaos esta mañá a Concelleira de Servizos Sociais, Silvia Freire, acompañada de representantes dos colectivos participantes, na presentación da iniciativa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.