Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UN PLAN DE DINAMIZACION PARA FOMENTAR AS CINCO D.O DE GALICIA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta de Galicia porá en marcha un Plan de Dinamización das cinco Denominacións de Orixe do viño de Galicia a través das Consellerías de Medio Rural e Turismo. Anunciábao esta mañá o Conselleiro de Medio Rural, José González, nunha visita á adega Condes de Albarei en Cambados e tras unha reunión coa D.O Rías Baixas. O proxecto pretende mellorar a coordinación público-privada para fomentar o desenvolvemento territorial a partir do sector vitivinícola. A iniciativa botará a andar cun estudo e diagnóstico socioeconómico dos territorios implicados…
Read the full description
analizando as súas infraestruturas, os servizos públicos e a súa situación demográfica, así como o tecido asociativo e empresarial, entre outros factores. O Conselleiro tamén avanzou as últimas axudas á elaboración e comercialización de productos vitivinícolas por máis de tres millóns de euros, Unha das adegas beneficiarias será Condes de Albarei, que recibirá máis de 424.000 euros correspondentes a convocatoria de 2018 para mellorar as súas instalacións, cun investimento total que ascende a 1,4 millóns de euros. En concreto, nas súas instalacións de Cambados renovarase o alumeado exterior da bodega, instalarase unha batería de condensadores e construirase unha nova liña de embotellado completa xunto coa instalación eléctrica, entre outras melloras. Paralelamente, en Vilanova de Arousa (no pazo Baión) farase o acondicionamento dun almacén de 36 metros cadrados para viño embotellado e a adquirirase dun depósito de cemento de 17,3 hectolitros.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.