Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CONVENIO DO ALBARIÑO INCLUE UNHA RECEPCION AS ADEGAS GAÑADORAS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e representantes do Consello Regulador Rías Baixas ultimaron o acordo sobre os controvertidos horarios de peche das casetas da Festa do Albariño. Finalmente, o acordo acadado axústase ao cumprimento da lei autonómica e prevé que os stands deixen de servir entre as tres e as catro da madrugada. Agora, o documento deberá ser aprobado pola xunta local de goberno de Cambados, que se celebra mañá, e tamén polo Consello Regulador, antes da sinatura do acordo. Ademáis, o convenio recolle alguns aspectos novidosos como a…
Read the full description
celebración dunha recepción oficial ás tres adegas que resulten gañadoras do Concurso do Albariño, copas de talo corto para evitar roturas e a elección dunha pregoeira, todavía sen desvelar, para esta edición da Festa. En canto ao lugar que ocuparán as casetas, o Concello agarda un informe técnico da Deputación (os municipais teñen sobrecarga de traballo) para avaliar a viabilidade de ampliar o espazo ata un dos carrís do Paseo da Calzada. Con todo, a controversia continúa agora en torno a moción presentada no seu día por Cambados Pode, na que plantexa que os horarios sexan fixados polo Pleno da Corporación. A moción está incluida na orde do día do pleno deste xoves, ainda que a alcaldesa solicitou un informe á secretaria municipal para cerciorarse de se se pode debater unha iniciativa contraria á lei autonómica en cuestión de horarios de peche. Sen embargo, o portavoz de Pode está convencido de que o debate non contravén ningún precepto legal e insiste en que o convenio entre a alcaldía e o Consello Regulador non é a solución porque é o Concello quen organiza a Festa. Todo elo nolo explicaban a alcaldesa, Fátima Abal, e o portavoz de Pode, José Ramón Abal.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.