Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A GARDA CIVIL DE CAMBADOS TERA NOVO CUARTEL CON CAPACIDADE PARA 100 EFECTIVOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Garda civil de Cambados terá un novo Cuartel que se edificará na parcela actual, coa previsión de que as obras se inicien en 2021 cunha inversión de 6 millóns de euros financiados polo Ministerio do Interior. Un proxecto que non estaba previsto pero que se fai prioritario ante a paralización das obras de mellora das actuais instalacións e a necesidade de desaloxo do persoal pola seu mal estado. E mentres non hai novo Cuartel, a Garda Civil trasladarase ao Centro SocioCultural de A Merced, cuxas dependencias municipais deberán reorganizarse. Para…
Read the full description
comezar o traslado, Concello e Ministerio deben asinar un convenio de cesión. Todo elo se anunciaba esta mañá trala reunión que mantiveron en Cambados a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o xefe da comandancia provincial da Garda Civil, o tenente coronel Manuel Touceda. Actualmente, o Cuartel conta con 38 efectivos e nas novas dependencias agárdase ampliar a 100 con máis servizos e vivendas para as súas familias.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.