skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CONFRARIA DEBE CORREXIR ALGUNS ASPECTOS DO PLAN DE AUTOPROTECCION DA FESTA DA AMEIXA

O Concello de Vilagarcía está disposto a facer un sobreesforzo para que a Festa da Ameixa de Carril se celebre o 20 de agosto pero recoñece que o evento non terá as dimensións doutros anos. A portavoz de goberno, Tania García, e o Concelleiro de Servizos, Lino Mouriño, reuníronse de novo este mediodía con representantes da Confraría para analizar o Plan de Autoprotección presentado polos promotores da Festa. No encontro non estivo presente o patrón maior, José Luis Villanueva, por cuestións de axenda, e por tal motivo as conclusións quedaron pospostas para unha nova reunión que terá lugar…

Read the full description

mañá ás 13 horas. Segundo explicou a portavoz municipal, a Confraría debe correxir algúns defectos do Plan, que, en todo caso, “son subsanables” pero preferiu non desvelar ata a reunión con Villanueva. Sí reiterou que deben ser os organizadores os que sufraguen o custe do mesmo. A confraría prevé a presencia de catro gardas de seguridade, en contacto permanente coa policía local, e unha ambulancia, que, segundo a avaliación do informe, sí serían suficientes para a cobertura da seguridade do evento. Pola contra, segundo o concelleiro de Servizos, Lino Mouriño, “imos ter problemas para cubrir todas as necesiades loxísticas da Festa”, como no caso de mesas e limpeza. Pese a todo, o goberno local está disposto a facer un “sobreesforzo para buscar alternativas nalgúns aspectos”. Así o explicaban ao remate do encontro nunhas declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.