Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A SITUACION DE EPTISA DEIXA NO AIRE A REVISION DO PXOM DE VILAGARCIA
Sorpresa e preocupación no concello de Vilagarcía pola situación na que se encontra a empresa Eptisa, redactora do PXOM. Segundo as noticias que ten o concello ofrecidas por traballadores da empresa, Eptisa acaba de ser adquirida polo grupo chinés JSTY, e se encontra en pleno proceso de reestructuración coa implantación dun ERE. Deste xeito, dos cinco traballadores que se encargaban de realizar os proxectos, so permanecerá un, polo que o goberno local non cree que se poidan levar a cabo en condicións. Esta medida afecta a 17 concellos para os que Eptisa estaba elaborando os seus plans xerais…
Read the full description
O alcalde, Alberto Varela xa puxo en coñecemento esta situación ao resto da corporación municipal e o luns porase en contacto coa empresa chinesa para saber se están dispostos a continuar coa redacción do PXOM, en qué condicións e en qué prazos. De momento, Alberto Varela quere ser prudente e esperar a resposta do grupo JSTY antes de tomar algunha medida. As novas chegaban ao concello xusto cando esta mañá se ia manter a reunión cos grupos da oposición para presentarlles a revisión do Plan Xeral de Ordenamento Municipal. Nese encontro estaba previsto que os redactores de Eptisa presentase o documento no que viñan traballando ao longo do último ano e medio para adaptalo á Lei do Solo e aos requerimentos do goberno local e dos técnicos municipais. A intención do executivo municipal era iniciar así unha nova fase de traballo, co fin de chegar canto antes á aprobación inicial do documento Os detalles de todo elo explicábaos esta maña o alcalde nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.