skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE IMPLANTA A ENERXIA SOLAR NA ETAP DO SALNES

#hoxeenArousa Máis de 250 módulos fotovoltaicos de última xeración aportarán enerxía solar á ETAP do Salnés mediante un unha actuación valorada en 120.000 euros, que foi presentada esta mañá pola presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez, acompañada de alcaldes da comarca. O proxecto está en fase de licitación e a previsión é que a planta solar entre en funcionamento no mes de outubro. A actuación será financiada nun 70% polo Fondo de Compensación Medioambiental da Xunta de Galicia e a entidade comarcal aportará o 30% restante. De momento, nove empresas presentaron xa as súas ofertas para a…

Read the full description

instalación da planta fotovoltaica, que se ubicará na parte alta da infraestructura, de xeito que o seu impacto visual será mínimo. Segundo as explicacións do inxenieiro, a planta fotovoltaica aportará máis do 52% do consumo enerxético da Estación de Tratamento, permitindo un aforro duns 20.000 euros ao ano, tendo en conta que actualmente o gasto é de entre uns 50.000 ou 60.000 euros anuais. Por todo elo, segundo os datos da Mancomunidade, a inversión comarcal amortizarase en ano e medio. A maiores os módulos solares posibilitarán a reducción das emisións de gases de efectdo invernadoiro nun total de 67.000 kilos de Co2 ao ano.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.