Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILAGARCIA ADIANTA AS ACTIVIDADES MAIS IMPORTANTES DAS FESTAS DE SAN ROQUE
As Festas de San Roque de Vilagarcía incluen este ano no seu cartel as actuacións de Siniestro Total, o 19 de agosto, De La Fe y las flores Azules, o 20 de agosto, Los Elefantes, 17 de agosto, e un concerto folk encabezado por Uxía, 18 de agosto. Todos os concertos serán no Parque da Xunqueira ás 23 horas de balde. Os detalles da programación desvelábaos hoxe en rolda de prensa o alcalde Alberto Varela, que se refería ó pouco marxe de tempo para a organización e un presuposto pechado polo goberno anterior que ronda os 200.000 euros. Pese a todo, Alberto Varela asegura que será unha oferta…
Read the full description
festiva atractiva e pensada para todas as idades, recuperando o Festiclown, a semana do cine e unha festa das artes, ademáis de apostar pola presenza de grupos locais. Ademáis, entre os eventos de San Roque tamén encherán as rúas de Vilagarcía o ambiente da Festa da Ameixa o día 15 de agosto, o Combate Naval o día 22, o Desfile de Carrozas o 23 e A Noite Meiga o 29 de agosto, así como o Festival de As Revenidas que será os días 22 e 23 de agosto. A presentación do programa recollémollo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.