skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

13.200 APARELLOS DECOMISADOS E 77.500 KILOS DE MARISCO INCAUTADOS NA LOITA CONTRA O FURTIVISMO

A loita contra o furtivismo está a dar bos resultados, segundo as valoracións da Consellería do Mar. Máis de 13.200 aparellos decomisados e 77.500 kilos de marisco incautados son os resultados dos operativos desenvoltos ó longo deste ano pola Policía Autonómica e os servicios de Gardacostas da Xunta. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quixeron esta mañá amosar o seu respaldo ó traballo conxunto entre ambos servicios nun encontro celebrado a bordo do buque Irmáns García Nodal, que realiza a meirande parte dos operativos na loita contra o…

Read the full description

furtivismo, e que esta mañá permaneceu atracado no peirao de Vilagarcía. Tanto o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, como a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacaron o problema que supón o furtivismo para os recursos mariños, para o consumidor e para os propios profesionais. As súas declaracións recolleunas para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Alba Piñeiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.