Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ALBARIÑO MAIS MULTITUDINARIO E CIVICO DOS ULTIMOS ANOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Acabou a festa e chega o momento de balances e recontos. A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o Tenente de Alcalde, Tino Cordal, fixeron esta mañá valoración en cifras da LXVII edición da Festa do Albariño, a primeira de Interese Turístico Internacional. Segundo as estimacións municipais, durante os cinco días estiveron en Cambados máis de 250.000 persoas, sendo os días de maior afluencia o venres e o sábado. A máis multitudinaria dos últimos anos pero tamén “a máis cívica” xa que “pese a gran afluencia de público todo transcurriu con normalidade e…
Read the full description
sen sobresaltos” O goberno local celebra moi positivamente que os incidentes fosen mínimos, aínda que “todavía nos queda moito por traballar e mellorar esta festa que cada ano é máis multitudinaria”, sinalaron. O custe total da festa sitúase en torno aos 395.000 euros, cuns ingresos de máis de 195.000 euros entre patrocinios, taxas e as subvencións doutras institucións que este ano foron maiores por ser Festa de Interes Internacional. Concretamente, a Xunta aportou 50.000 euros, a Deputación 37.000, patrocinios 26.000 e ingresos por taxas máis de 81.000 A maior parte do gasto, 240.000 euros, foi destinado á trintena de actividades e eventos organizados, sobre todo a partida destinada aos concertos. Entre eles destacan os de Luz Casal 50.000 euros, Mala Rodríguez 42.000, Cristina Rosenvinge e Javier Mena 26.000 e Siniestro Total 18.000. En limpeza destináronse 33.000 euros e a outros gastos 87.000. E n canto ao Xantar, acudiron 550 persoas, das que 240 pagaron os seus cubertos, entre eles os concelleiros de Somos Cambados, e o resto, 310, foron invitados. Grazas ao traballo extra dos traballadores municipais, que recibirán unha compensación de productividade polo seu esforzo, o Concello reforzou os servizos hixiénicos e de limpeza con maior número de baldeos das rúas, que continuarán durante os vindeiros días ata que todas queden en perfecto estado. E xa pensando na próxima edición, o goberno local avanza que xa está pensando en medidas que melloren diferentes aspectos, como a reciclaxe, involucrando á hostelería na venda de vasos de material reciclable, ou a barreira anticontaminación. Así o sinalaban a alcaldesa Fátima Abal e o Tenente de Alcalde, Tino Cordal, na valoración realizada esta mañá.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.