Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Pp e psoe presentan unha mocion de censura en catoira
Moción de censura en Catoira. Os portavoces do Partido Socialista e do Partido Popular en Catoira, Alberto García e Iván Caamaño, presentaron esta mañá no Rexistro do Concello o escrito que promove esa moción de censura que desaloxará do goberno local ao nacionalista Xoan Caamaño. Os motivos xustifícanos nunha carta asinada por ambos para ser remitida en próximos días a todos os veciños do municipio. Denuncian na carta que "o Concello está esquecido" e que "o alcalde do BNG non traballa para a xente de Catoira e incumpre as súas promesas electorais". O que se limita a facer Xoán Castaño, din…
Read the full description
García e Caamaño, é "beneficiar aos seus, pagando diñeiro a xornais dos que el mesmo é accionista ou contratando xente das listas do BNG para pagarlles ata 3.000 euros por dar un pregón". "O que resta de mandato a Alcaldía estará dividida a partes iguais. Metade gobernará Alberto García e a outra metade Iván Caamaño, mentres un sexa alcalde outro será tenente de alcalde", O pleno para debater e aprobar a moción de censura sen complicacións, xa que suman 8 concelleiros nunha Corporación de 11, celebrarase o día 17 ás 12.00 horas. Sen embargo, a moción de censura non conta co beneplácito das direccións de ambos partidos na provincia. O presidente da formación popular en Pontevedra, Alfonso Rueda, dixo esta mañá en A Illa de Arousa que a moción non foi consensuada nin autorizada polo partido. Rueda asegura que non está de acordo coa decisión pero que o partido agardará a escoitar as explicacións do grupo municipal de Catoira. En todo caso advirte que, probablemente, se adopten medidas disciplinarias. Dende o PSdG, o secretario provincial, David Regades considera que "este acordo é un erro político grave. O Partido Socialista na provincia de Pontevedra non comparte este tipo de acción, e menos un acordo político co Partido Popular. Un Partido Popular da discordia, un Partido Popular dos recortes, un Partido Popular dos castigos en materia de sanidade e de educación pública" Ao igual que no PP, o máximo responsable provincial socialista adiantou que "imos convocar de maneira inmediata ao grupo municipal na sede provincial, e iniciaremos tamén nese mesmo momento un expediente para tratar a devandita situación".
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.