Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O FESTICLOWN VOLVE A VILGARCIA DO 17 AO 25 DE AGOSTO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Festiclown volve ás rúas de Vilagarcía do 17 ao 25 de agosto cunha programación chea de espectáculos circenses e un completo apartado social. Este ano, os organizadores queren ensalzar a compoñente máis lúdica e divertida do xénero sen desbotar o compromiso social. Por este motivo, renomean o evento como “Festaclown” despregando unha carteleira internacional polas rúas e prazas de Vilagarcía e desenvolvendo actividades solidarias. O programa foi presentado este mediodía coa presencia do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a Concelleira de…
Read the full description
Cultura, Sonia Outón, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, o portavoz da entidade organizadora, Fran Rei, e a representante de Con Eles, Loli Maneiro. Ademáis, a presentación tamén incluíu unha conexión por videoconferencia co bufón italiano Leo Bassi, que será a estrela dunha carteleira internacional completada por Mago Teto, Vol’e Temps, Píscore, Patty Diphusa, Kanbaiota, Miguel de Lucas, Cía Vaya, Mireia Miracle, Almar&Cía, Sempre Arriba, Muu, AsSircópatas, Isla Letriska ou Kanbahiota, entre outras compañías. O apartado social inclúe os colectivos Pallassos en Rebeldía, Amencer, Clámide, Asociación con Eles e O Soño de Lilith. A maiores, tamén se inclue un programa formativo, o “Formaclown”, sobre a aplicación de técnicas bufonescas, e unha conferencia-coloquio que ofrecerá Leo Bassi sobre a utilización do teatro como ferramenta política.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.