skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O VAR SERA PASTO DAS LAPAS NO ENTROIDO DE CAMBADOS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O entroido de Cambados queimará o polémico VAR que tanta confusión está a xerar no mundo do fútbol. A Concellería de Cultura que dirixe Victor Caamaño ten xa preparado o programa das festas máis divertidas do ano, o Entroido, que este ano recae máis tarde e celebrarase do venres día 1 ao mércores 6 de marzo. Os técnicos de cultura xunto cos alumnos do obradoiro de emprego serán os encargados de realizar a representación do VAR que será queimado xunto coa sardiña no remate das festas cunha cerimonia oficiada pola actriz Isabel Risco a partir das 19…

Read the full description

horas. Ademáis, como novidade este ano, o desfile de carrozas que se celebrará o domingo 3 de marzo, se o tempo o permite, mudará o seu itinerario e terá un percorrido similar á cabalgata de Reis. De tal xeito, sairá ás 17 horas da Escalinata de San Tomé, pasando pola Avenida de Galicia, Praza do Concello, Avenida de Madrid e rematando por primeira vez na Praza de Fefiñáns. O resto da programación será a habitual. O pistoletazo de saída será o venres as 22:30 horas na Praza de Alfredo Brañas, coa adaptación cambadesa en clave de humor do coñecido programa de televisión "A túa cara soame" Xa o luns de entroido será o turno dos máis pequenos co baile infantil e o concurso de disfraces. Ademáis, tamén se celebrará o tradicional concurso de filloas. Todo elo desenvolveráse no Salón Peña dende as 17:00 horas. O martes de entroido Cambados acolle na Praza de Alfredo Brañas o gran concurso de disfraces de adultos e o concurso de comparsas, que nesta edición, incrementa a cantidade dos premios que, desta volta, serán abonados en vales compra do comercio local. No caso de choiva, as actividades trasladaránse ao Salón Peña, agás o desfile de carrozas que mudaría ao martes ou, se fora necesario, ao seguinte sábado. Os detalles deste entroido cambadés explicábaos esta mañá o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.