Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ceip de nantes tera pista polideportiva cuberta a finais deste ano
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O deputado provincial de Cooperación, Carlos López Font, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, visitaron esta mañá as obras que se están executando para a construción dunha nova pista polideportiva cuberta no CEIP Nantes. Trátase dunha obra financiada a través do Plan Concellos 2017, cun investimento total da Deputación de 253.131,76 euros. Os traballos comezaron fai unhas semanas e prevese que estean finalizados antes de que remate o ano, polo que o novo espazo xa estaría dispoñible para a volta das vacacións escolares de Nadal. A actuación consiste…
Read the full description
na construción dunha nova pista polideportiva cuberta no CEIP Nantes. O centro educativo xa tiña outra pista polideportiva exterior, pero á intemperie e moi deteriorada. De aí que agora, con esta actuación, se pretende dotar ao colexio dunha nova pista, cuberta e con todas as melloras necesarias. “É unha gran satisfacción que os plans que, dende a Deputación poñemos a disposición dos concellos, estes os invistan en obras que reverten na mellor calidade de vida dos veciños e veciñas, e neste caso, na poboación máis nova e no fomento do deporte, unha das apostas máis importantes tamén deste Goberno provincial”, destacou Font. Pola súa banda, o alcalde Telmo Martín agradeceu á Deputación o investimento nunha obra tan necesaria coma esta, “na que estamos cumprindo os prazos e agardamos poder completala cunha segunda fase de peche do perímetro, para o que agardamos contar tamén co apoio da institución provincial, da que sabemos que hai vontade de colaboración”. Máis polo miúdo, esta actuación permitirá que o CEIP Nantes conte cunha nova pista polideportiva cuberta. A superficie en planta da construción é de 1.239 metros cadrados, cunhas dimensións exteriores de 43 metros de longo, 28 metros de ancho e 7 metros de altura. A pista polideportiva terá unhas dimensións exteriores de 43x28 metros, formada por unha soleira de formigón armado de 20 centímetros de espesor, executada sobre explanada mellorada. A cuberta será a dúas augas con instalación dos correspondentes canlóns e baixantes para a recollida de augas pluviais da cuberta. Esta obra corresponde ao Plan Concellos 2017, no que a Deputación puxo a disposición do concello de Sanxenxo algo máis de 1,1 millóns de euros.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.