Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS XORNADAS MANOLO PAZ DE CAMBADOS GALARDOAN AO ARQUITECTO ÁLVARO SIZA
#hoxeenArousaPontevedraDía #de12a1430 A Fundación Manolo Paz de Cambados celebra o sábado 29 de xullo súa IV edición das Xornadas sobre arte contemporáneo que este ano galardoarán ao arquitecto portugués Álvaro Siza pola súa traxectoria profesional e o seu traballo en Galicia. Os actos consistirán nunha serie de presentacións e conversas en torno á figura de Álvaro Siza, coñecido arquitecto que conseguiu relacionar a natureza na súa arquitectura, como no parque de Bonaval en Santiago de Compostela, un lugar que se converteu en modelo de respecto no tratamento da paisaxe urbana. As Xornadas…
Read the full description
completaranse cunha mesa redonda sobre deseño en Galicia e o norte de Portugal, así como coa presentación da primeira edición da Porto Design Biennale, que será inaugurada no próximo mes de setembro en Oporto e Matosinhos. As inscripcións para participar nas xornadas poden facerse xa no correo electrónico xornadas@fundacionmanolopaz.gal. Os datos explicábanos está mañá o edil de cultura de Cambados, Víctor Caamaño e o artista Manolo Paz, durante a presentación destas IV Xornadas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.