Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OBRAS DE PAVIMENTACION DE AVENIDAS EN CAMBADOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados está a realizar a mellora do firme da Avenida de Vilagarcía, nun tramo de 2.000 metros cadrados, unha vez que a Xunta cedeu a súa titularidade. Os traballos, financiados a través do Plan Concellos 2016 por un importe de 20.000 euros, finalizarán o vindeiro luns. Tras esta actuación, o goberno municipal continuará coa mellora do pavimento da Avenida da Coruña, creando ademáis unha beirarrúa dende a entrada da Praza de Fefiñáns, bordeando a Igrexa de San Bieito. Asimesmo, o executivo local aprobou xa en Xunta de goberno o proxecto…
Read the full description
de pavimentación do vial de Tragove que da acceso a unha ducia de depuradoras e que supón un gasto en mantemento anual de 10.000 euros. A intención da Concellería de Obras é licitar o proxecto antes de que remate o ano aproveitando parte dos fondos que ían ser destinados á mellora aprazada da Praza de Abastos. Contan para elo cun orzamento de 98.000 euros e un prazo de execución dun mes. Así o explicaba o Concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, durante unha visita ás obras que se están executando na Avenida de Vilagarcía.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.