skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A LOITA CONTRA INCENDIOS DA MANCOMUNIDADE DO ULLA-UMIA REMATA COA EXTINCION DE 20 LUMES .

A Mancomunidade do Ulla-Umia clausurou esta mañá o seu programa para a loita antiincendios de este verán cun balance positivo e a extinción de 20 lumes na comarca, o que supón unha superficie de 11 hectáreas afectadas. Ademáis, durante estes tres meses, as brigadas realizaron rozas manuais, rareo e eliminación de restos en 50 hectáreas nos labores de prevención. As labores das brigadas executáronse tanto dentro do ámbito municipal como, en caso de necesidade, noutros puntos do distrito. A iniciativa puxose en marcha por segundo ano consecutivo coa contratación de 40 persoas, repartidas en 8…

Read the full description

brigadas e cun investimento de 220.000 euros. No acto de clausura estivo presente o delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Touris, acompañado polo presidente da Mancomunidade do Ulla-Umia e alcalde de Portas, Roberto Vazquez, e tamén polos alcaldes dos concellos que a integran, Juan Manuel Rey de Caldas, Antonio Pena de Cuntis e Luisa Piñeiro de Moraña. Durante o acto de despedida, Cores Tourís salientou o traballo dos brigadistas pola súa eficacia e o alcalde de Portas e Presidente da Mancomunidade requeriu iniciativas de prevención. As súas declaracións recollémolas en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.