skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHA EXPOSICION SOLIDARIA BUSCA FONDOS PARA NENOS AFECTADOS DE CANCRO.

A gastrotaberna Churruca, na rúa da Baldosa en Vilagarcía, acolle dende mañá e ata o 30 de novembro unha exposición de pinturas de Javier Bruquetas, a favor da asociación “Sonrisas pelonas”, grupo sen ánimo de lucro que desenvolve o seu labor entre persoas hospitalizadas con cancro infantil e para fundacións destinadas á investigación. A mostra inaugúrase mañá mércores ás 17.30 horas, cun prezo de entrada de 10 euros como donativo solidario. A iniciativa partiu de Voluntarios BBVA, colectivo de traballadores da entidade que realizan actividades de carácter solidario. De feito, o autor dos 21…

Read the full description

cadros da exposición é un empregado da entidade bancaria, actualmente tamén enfermo de cancro. Na mostra tamén colabora a adega Paco & Lola, xunto ao establecemento hostaleiro, que contribúe doando os produtos que se consumirán no tempo de duración da exposición. Durante a mostra tamén poderán adquirirse artigos realizados pola propia asociación “Cabezas Pelonas” que informará da súa actividade no acto da presentación inaugural. “Sonrisas pelonas”, asociación sen ánimo de lucro rexistrada o pasado 7 de setembro, naceu para axudar e apoiar a proxectos solidarios ou a fundacións que se dedican á investigación do cancro infantil e para intentar facerlles ás nenas e nenos que se atopan hospitalizados a estancia un pouco máis agradable, coa doazón de xoguetes, pinturas, libros e outros agasallos ao gusto da xente miúda. En expresión deste colectivo, “para axudar a esas guerreiras e guerreiros na súa persoal loita”. De todos os detalles desta iniciativa falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Francisco Martín, coordinador de Voluntarios do BBVA na provincia de Pontevedra.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.