skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O GRUPO VINOVA MERCA COINBA SALVANDO TODOS OS POSTOS DE TRABALLO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 #hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A empresa Coinba manterá a súa actividade en Vilaxoán. O grupo Vinova, que se instalará próximamente no polígono industrial de Baión, en Vilanova chegou a un acordo co administrador concursal para a compra da firma vilagarciá co mantemento de todos os postos de traballo. Unha boa nova que nos confirmaba esta mañá a portavoz da CIG, Rosa Abuín, asegurando que nas negociacións primaron os intereses para manter o tecido industrial ante os económicos, “algo que é de agradecer aos accionistas da empresa”. A pesar…

Read the full description

de que serán necesarias inversións, Abuín aventura que posiblemente Coinba, inmersa actualmente en concurso de acreedores, reanude a súa actividade nas vindeiras semanas “ e mesmo poderían incrementar a plantilla dado o volume de facturación do grupo Vinova e a súa fase de expansión”. A situación contrasta co que se está a vivir na conserveira grovense de Thenaisie Provoté . Os 125 traballadores da fábrica meca comezaron esta mañá seis xornadas de folga para forzar unha solución que evite o peche da empresa, actualmente tamén en concurso de acreedores. A convocatoria foi seguida pola totalidade dos empregados que reclaman que a Xunta de un paso ao frente co fin de que o grupo rumano propietario, a firma Scandia Food, se bote a un lado. Os traballadores piden que sexa a Xunta quen negocie directamente cos posibles inversores interesados na compra da empresa", xa que pensan que os propietarios "están boicoteando o proceso de venda” co fin de que todo acabe na liquidación da mesma. Os detalles de ambos casos, o mantemento de Coinba e a folga en Thenaise Provoté, nolos explicaba esta mañá a portavoz da CIG no comité de empresa Rosa Abuín.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.