skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MEIS CREA UN ROUPEIRO SOLIDARIO MUNICIPAL PARA AS FAMILIAS MAIS DESFAVORECIDAS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Meis pon en marcha dende hoxe unha iniciativa de axuda á poboación máis desfavorecida do municipio para que non pase frío este inverno. Trátase dun roupeiro municipal que baixo o nome de “O Canto da Escudeira” proporcionará roupa doada ás familias que o necesiten. A través deste proxecto, que é xestionado dende a Concellería de Servizos Sociais que dirixe María Sancho, o Concello habilitará un dos espazos da planta baixa da Casa do Escudeiro con probador e estantes onde se irán colocando as prendas que se reciban de doazóns. “Son moitas…

Read the full description

familias, máis das que pensabamos, as que se puxeron en contacto co Concello cando empezamos a recollida de información, por eso, aceleramos o proxecto”, explicaba esta mañá a alcaldesa Marta Giráldez. A través das redes sociais do Concello irase comunicando as tallas de vestiario que se precisan, así como outros elementos textís como sábanas ou mantas. Todo elo debe estar en bo estado de uso. A recollida das prendas farase de luns a venres de 9 a 13 horas na primeira planta do Edificio Multiusos. Os doadores poderán residir en calquera concello pero as prendas serán destinadas únicamente ás persoas e/ou familias empadroadas en Meis con dificultade de acceso aos medios básicos.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.