skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILAGARCIA CELEBRA A SEMANA DA MOBILIDADE CON MULTIPLES ACTIVIDADES

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía continúa na súa aposta por un modelo de cidade na que se lle dea prioridade ao peón. Por elo, quere aproveitar a Semana Europea da Mobilidade, que se celebrará do 16 ao 22 de setembro, para programar numerosas actividades sobre o transporte a pé ou en bicicleta. Concurso de Curtos sobre “O Camiñar como Transporte” dirixido ao alumnado dos Institutos, outro de fotografía en Instagram dirixido á toda a cidadanía que se desprace a pé ou en bici, taller de Educación Vial en Fexdega, Roteiros en bici e escolares son algunhas delas…

Read the full description

Ademáis, tampouco faltará a Marcha Ciclista Nocturna o sábado 21 e o Día Sen Coches o domingo 22. A programación da Semana Europea da Mobilidade foi presentada esta mañá pola Concelleira desta área, Paola María, que tamén se referiu ao Plan de Transportes da Xunta. A edil “alégrase pero non agradece” a decisión da Xunta de asumir o custe do autobús ao Hospital que agora financia o concello xa que é unha competencia que lle corresponde á administración autonómica. Ademáis indicou que o goberno local seguirá insistindo para que a Xunta recapacite e retire o anteproxecto.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.