Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS RINDE HOMENAXE A CABANILLAS EN NOVEMBRO NO CENTENARIO DE VENTO MAREIRO
Cambados celebra en novembro os actos culturais en homenaxe ó seu escritor natal, Ramón Cabanillas, coincidindo co centenario da súa obra Vento Mareiro. Concretamente, entre outras iniciativas, o 9 de novembro ás 18;30 horas conmemorarase o aniversario da súa morte coa colocación dunha placa na casa onde pasou os seus últimos días de vida na rúa Hospital. Deste xeito, o goberno local quere popularizar a figura de Cabanillas, incluíndo ademáis un roteiro guiado o sábado 7 ás 11 horas, e a exposición de fotografías sobre Vento Mareiro que se inaugurará o venres 13 ás 20 horas en Exposalnés…
Read the full description
Outro acto importante é o que celebrará a Real Academia Galega o sábado 14 de novembro, na súa cuarta presencia en Cambados. O auditorio da Xuventude acollerá dende as 7 e media da tarde diferentes relatorios sobre a vida e obra de Cabanillas, recitais poéticos de Fina Casalderrey, Margarita >Ledo e Salvador García-Bodaño. Todo elo ambientado pola actuación musical de Xaquín Xesteira. O programa de actividades foi desvelado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, e o catedrático Francisco Fernández Rei, nunha rolda de prensa que seguiu a nosa compañeira Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.