skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CINCO SENDAS PARA A COMARCA DO SALNES INCLUIDAS NO PLAN DA XUNTA

A comarca de O Salnés contará con 5 sendas peonís e de bici de 16,7 kms que se realizarán cun investimento de 8,7 millóns de euros. As cinco actuacións inclúense no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de O Salnés, que esta mañá presentou en Vilanova a Conselleira de Infraestructuras Ehtel Vázquez. Serán itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisaxe, que decorrerán dende A Illa ata Poio, pasando por Vilanova, Cambados e Sanxenxo. Os proxectos pretenden mellorar a seguridade vial e ao tempo fomentar o turismo da contorna. A Xunta prevé ter redactados os proxectos en verán, para…

Read the full description

proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo as propostas dos concellos. Para elo, os técnicos contactarán cos alcaldes e concelleiros dos diferentes municipios para concretar as actuacións e avanzar nos detalles técnicos. Dentro das 5 sendas previstas, xa está en execución a que decorre, na PO-306, entre a ponte da Illa de Arousa e Vilanova. Ademáis, ambos municipios tamén estarán unidos por outra senda entre Deiro e A Illa. A terceira das sendas previstas será entre Cambados e Ribadumia, enlazando Vilariño e o Polígono de O Salnés. Asimesmo, nunha primeira fase executaranse as sendas que se crearán en Sanxenxo e en Poio, as dúas na PO-308. A primeira entre Portonovo e A Lanzada, e a segunda entre Covelo e Raxó, que está xa adxudicada. Son os datos que explicaba esta mañá en Vilanova, a Conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, acompañada do alcalde e presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, nunha presentación que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.