skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AQUIAFIT E ZONA CENTRO COLABORAN PARA INCENTIVAR O USO DA PISCINA MUNICIPAL DE CAMBADOS

A piscina municipal de Cambados pon en marcha unha nova promoción para o mes de marzo. Desta volta será a través dun convenio de colaboración entre a nova firma que xestiona as instalacións, Aquafit, e os comerciantes de Zona Centro. O obxectivo é incentivar a visita de novos usuazrios para que coñezan as recéns reformadas instalacións municipais. Para tal fin, os establecementos asociados de Zona Centro entregarán ós seus clientes un vale entrada que lles permitirá facer uso das instalacións deportivas de O Pombal durante un día de xeito gratuito. Ademáis, se o usuario se abona ese mesmo…

Read the full description

día, os 30 euros do custe do abono lles serán devoltos en forma de vale-compra para gastar no establecemento que lle selou o vale-entrada. Mediante esta iniciativa, a empresa Aquafit aportará 5 euros por cliente a un bote que se sorteará o 17 de maio entre os abonados. O bote terá unha cuantía mínima de 500 euros que poderá aumentar en función dos usuarios que utilicen o vale-entrada. Todo elo nolo explicaban esta mañá en rolda de prensa o xerente das instalacións deportivas, Alberto Durán, e o presidente de Zona Centro, Juan Rey.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.