skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS FESTAS DE SAN ROQUE TERAN CITA PREVIA, EN CINCO ESPAZOS E CON AFORO LIMITADO

#hoxeenArousa “Que corra o aire”, o lema das Festas de San Roque 2020 de Vilagarcía reflexa a declaración de intencións do goberno local para a celebración duns eventos que estarán marcados pola crise sanitaria. O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón presentaron esta mañá o programa das festas patronais no que o prioritario será a seguridade contra o covid. O goberno local non quixo renunciar ás celebracións pensando en cumprir cunha obriga cara á cidadanía, tras duros meses de confinamento, nun compromiso pola dinamización da economía local e polo sector cultural…

Read the full description

e nunha aposta polo talento local. O Concello de Vilagarcía investirá este ano arredor de 230.000 euros na organización dos festexos, dos que 30.000 estarán destinados a implementar as medidas de seguridade contra o covid. Precisamente, dada a situación creada pola crise sanitaria, o goberno local decidiu que nesta ocasión os pregoeiros sexan profesionais do centro de saúde de San Roque e do Hospital do Salnés, a xeito de homenaxe de toda a cidadanía pola súa labor nos momentos máis críticos da pandemia, pero tamén agora, cando hai que seguir alerta ante os rebrotes. Neste sentido, o alcalde insitiu en apelar á responsabilidade individual e colectiva para evitar calquera incumprimento das normas co fin de evitar a propagación de novos contaxios. O programa está organizado por espazos para poder cumprir cos protocolos de seguridade sanitaria. Os aforos estarán limitados, no caso da Xunqueira será de 500 persoas, de xeito que na maior parte dos casos será necesario reserva previa a través da web http://www.wowtick.es . Nos espazos con aforo inferior a 120 espectadores non será necesario. Todos os espectáculos son de balde e en todos haberá que permanecer sentados. O programa de San Roque 2020 ábrese o venres 14 de agosto co e finalizará o día 29. Durante todo este tempo haberá espectáculos para todos os gustos nos diferentes espazos habilitados.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.