Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS EVITARA QUE SE LLE CORTE A LUZ AS FAMILIAS CON MENOS RECURSOS
O Concello de Cambados adhírese ao convenio da FEGAMP coas empresas eléctricas que garantiza o subministro eléctrico ás familias con menos recursos que xa están sendo atendidas polo departamento de Servizos Sociais. A medida afectaría a un cento de familias que, dado o caso, contarían coa axuda do Concello para evitar o corte do servizo eléctrico. Dado o caso, a Concellería de Servizos Sociais disporá de dous meses de prazo para realizar os trámites e abonar a factura correspondente. Asimesmo, o goberno local está a elaborar unha nova ordenanza fiscal para que as compañías de subministro…
Read the full description
enerxético, luz e gas, abonen unha taxa municipal por uso de terreos de dominio público. Segundo as estimacións da Concellería de Economía, só pola liña de alta tensión que cruza Cambados o Concello recibiría un importe de 15.000 euros ao ano. A idea é que esta nova ordenanza poida ser aprobada no pleno deste mes de febreiro. Todo elo explicábano os Concelleiros de Servizos Sociais, Tino Cordal, e de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, nunhas declaracións ante a subestación de Fenosa en Vilariño que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.