skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ALUMNADO DO PLAN INTEGRADO COMARCAL FORMANSE NO SECTOR EOLICO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade de O Salnés amplia o seu abano de colaboracións co tecido empresarial da comarca dentro do Programa Integrado de Emprego, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (250.000€) e cofinanciado pola Mancomunidade de O Salnés (34.500€). Nesta ocasión, é o sector Eólico o que se suma ao convenio de colaboración co ente comarcal para que entre 8 e 10 alumnos se formen durante as vindeiras semanas dentro da empresa Galventus, ubicada no Polígono Sete Pías de Cambados. Durante este período adquirirán coñecementos teóricos e…

Read the full description

prácticos sobre a reparación, mantemento e inspección de composites e compoñentes de parques eólicos. O perfil do candidato complétase coas accións de manexo de drons aéreos, formación necesaria para as inspeccións "in situ" e con lmpresión 3D para a fabricación de pezas de muíños eólicos. I é que dende o sector eólico veñen comprobando a escasez de persoal cualificado neste ámbito e deste xeito adaptan a formación laboral ás necesidades da empresa. O convenio de colaboración foi asinado esta mañá na sede da Mancomunidade en Exposalnés por parte da presidenta da entidade, Marta Giráldez, e o representante de Galventus, Carlos Vázquez. Ambos explicábanos os detalles da formación.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.