Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Mellora dos accesos a praia do terron en vilanova
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, supervisaron esta mañá os traballos de mellora realizados nos accesos á praia de O Terrón, dentro do Plan de fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural. O obxectivo deste programa é dotar ao medio rural das infraestruturas e sinalización adecuadas para que se converta nun destino accesible a través da adecuación dos recursos. Vilanova forma parte dos 103 municipios de toda Galicia que se benefician…
Read the full description
destas axudas, que melloran a adecuación e sinalización de espazos naturais, rotas de sendeirismo, praias marítimas e fluviais, os bens de interese cultural e os miradoiros. Concretamente, a través deste programa, financiado nun 75% con fondos europeos, a administración autonómica investiu 60.000 euros na mellora e asfaltado do acceso ao areal vilanovés, que se encontraba en pésimas condicións. Vilanova foi o único concello da comarca de Arousa que se acolleu a este plan, pero a Directora de Turismo agarda que á seguinte convocatoria se sumen outros municipios.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.