Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS OBRAS DO CENTRO DE SAUDE DE VILANOVA ESTARAN REMATADAS ANTES DE NADAL
As obras de mellora que se están a realizar no centro de saúde de Vilanova están a piques de rematar. A actuación lévase a cabo a través dun convenio de colaboración asinado entre o Concello e o Sergas por importe de case 30.000 euros financiados a partes iguais entre ambas administracións. As obras consisten no pintado e posta a punto das instalacións e segundo o alcalde Gonzalo Durán estarán rematadas antes de Nadal.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.