skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A DEVESA DOS PICAROS CHEGA ESTE DOMINGO A VILAGARCIA

O Festival Folclórico Infantil A Devesa dos Pícaros chega este domingo a Vilagarcía, no que será a segunda edición deste certame itinerante, organizado por seis agrupacións das provincias de Pontevedra e A Coruña coa participación de 200 nenos. Se o ano pasado foi a Estrada, este ano será Vilagarcía quen acolla este espectáculo pensado para dar visibilidade aos alumnos das escolas de baile tradicional e, ao tempo, realizar xornadas de convivencias. O Festival será este domingo día 13 de marzo en Fexdega a partir das 12.30 do mediodía, con entrada libre. Pero previamente realizarase un desfile…

Read the full description

das 6 agrupacións polo centro de Vilagarcía, con saída do Auditorio e chegada a Fexdega. A programación deseñada para este domingo contempla a actuación de integrantes de Mar de Arousa e Nos de Vilagarcía, a asociación Volandeira de Cambados, A Mámoa de Luou e a Ponte Vella de Teo e a estradense Tequexetéldere. A cita folclórica foi presentada este mediodía en Vilagarcía por parte da concelleira de Cultura, Sonia Outón, Gorka Loureiro de Mar de Arousa e o edil Pérez Callón, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.