Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

EDUCACION COMPROMETE MELLORAS NOS COLEXIOS DE RUBIANS, A LOMBA E VILAXOAN
A Consellería Educación acometerá varias reformas de xeito inmediato en tres centros de Vilagarcía de Arousa: o CEIP de Rubiáns, o CEIP A Lomba e o CEIP de Vilaxoán. Así o anunciou o conselleiro Román Rodríguez con motivo dunha visita esta mañá ao IES Armando Cotarelo Valledor, onde o seu departamento vén de rematar unha obra de ampliación para dotar de máis espazo aos ciclos de Formación Profesional. En concreto, estes traballos, aos que se destinaron 485.799 euros, consistiron na construción dun novo módulo que alberga 4 aulas-taller na planta baixa do IES. No primeiro piso sitúase un novo…
Read the full description
salón de actos e zonas destinadas a despachos de dirección e secretaría. Deste xeito, os espazos do edificio xa existente quedan agora reformulados, posto que o antigo salón de actos transfórmase en dúas novas aulas, mentres que a vivenda do conserxe pasa a ser un viveiro de empresas composto por dous despachos, aseo e aula polivalente. En canto ao colexio de Rubiáns, a Consellería comprométese coa reforma integral do ximnasio coa cooperación do Concello, que quedará plasmada nun próximo convenio de colaboración. Ao abeiro deste convenio, no que quedarán fixados os prazos de execución, o departamento educativo da Xunta de Galicia asumirá o 50% do custe da obra, mentres que o outro 50% o sufragará o Concello. En total, o investimento estimado deste novo ximnasio ascenderá a 235.000 euros. En canto á posibilidade de dotar ao novo espazo de vestiarios, no informe da Unidade Técnica lémbraselle ao Concello que sería importante coñecer as redes de saneamento en uso. Sobre o colexio de A Lomba, o titular do departamento autonómico de Educación anunciou un cambio de cuberta, que deberá asumir a empresa construtora ao tratarse dun problema de impermeabilización da mesma, constatado no propio informe da Unidade Técnica. Por tanto, de xeito inmediato, a Consellería esixiralle á empresa unha reforma que garanta o conforto da comunidade escolar. Así mesmo, a Consellería tamén se compromete a reformar os falsos teitos e fiestras da aula de infantil do CEIP de Vilaxoán, aos que destinará un investimento de arredor de 30.000 euros. Estes traballos –xunto cos de Rubiáns e A Lomba– deberán levarse a cabo durante o período estival co obxecto de non interferir coas clases e asumiranse con cargo ao RAM deste ano (fondo de reforma, ampliación e mellora). Os detalles das actuacións recolleunos para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a nosa compañeira Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.