Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CAPITULO SERENISIMO DISTINGUE AOS SANITARIOS E AS FORZAS DA ORDE
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Capítulo Serenísimo do Albariño presentou esta mañá os actos previstos para esta edición que tamén estará marcada polas circunstancias da pandemia. Non só porque estará #adaptada ás restriccións de aforo e medidas de seguridade contra o covid senon tamén porque os nomeamentos serán este ano moitos menos, -non haberá Damas, nin Xóvenes Albariñenses nin Follas de Prata-, e converteranse nun #homenaxe ás persoas que estiveron en primeira liña durante a crise sanitaria do covid, é dicir, os sanitarios e as forzas de seguridade. En concreto, como…
Read the full description
recoñecemento os sanitarios, os novos #Cabaleiros deste ano serán o investigador José Manuel Martínez Costas e o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Igualmente, recibirán as mencións de #Albariñenses de Honra, a Garda Civil, a Brilat de Pontevedra, as policías locais, nacional e autonómica, a Axencia Galega de Emerxencias, os Bombeiros, e a Asociación de Médicos de Urxencias. O acto capitular terá lugar o #domingo 2 de agosto no Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns a partir das 12 horas, coa presencia de Alberto Núñez Feijoo, en calidade de Gran Mestre da orde. Asimesmo, este ano non haberá o tradicional desfile de confrarías e somente se realizará un acto de #irmanamento coa Confraría Gastronómica do Viño do Rabelo, de San Xoao de Pesqueira, do Douro, en Portugal. Será o #sábado día 1 ás 12.30 horas e únicamente coa presencia de dous representantes da confraría e un gaiteiro para dignificar o acto. Posteriormente, no mesmo Patio de Armas de Fefiñáns celebrarase un #showcooking ao que só se pode acceder con invitación. O secretario do Capítulo Serenísimo, #PedroPiñeiro, anunciaba esta mañá todos os detalles no Parador de Cambados, acompañado dos demáis representantes da orde.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.