skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ORGANIZASE O PRIMEIRO TORNEO DE GOLF FEMININO OFICIAL POLO 8 M

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vaise achegando o 8 M, día Internacional da Muller e xa se están preparando diferentes actividades conmemorativas da xornada. O Campo de Golf de Meis celebra o vindeiro 8 de marzo, Día da Muller, o I Torneo de Golf Feminino Oficial para visibilizar á muller no mundo do deporte e en concreto no golf. O evento está organizado pola Fundación Monte Castrove e conta co apoio da Federación Galega de Golf e os concellos de Meis, Cambados, Sanxenxo, Ribadumia e Vilagarcía e o clube Chan do Fento. Tamén colaboran a Deputación de Pontevedra, Obra Social La…

Read the full description

Caixa e Electricidade Salvador Cores de Cambados. O campionato no que se agarda que participen unhas 100 golfistas profesionais, terá dúas categorías, de 9 e de 18 fosos, con premios para os primeiros postos e agasallos para todas as participantes. A inscripción é gratuita, a través da páxina do Campo de Golf de Meis e o prazo xa está aberto. Para os organizadores "ter o I Torneo de golf da Muller traballadora neste campo é unha iniciativa importantísima". Nolo decían esta mañá as alcaldesas de Meis e Cambados, Marta Giráldez e Fátima Abal, na presentación do Torneo, xunto con Clara López, da Federación Galega de Golf e Juan Ramón Vidal, Presidente da Fundación Monte Castrove.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.