skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS NOVOS VESTIARIOS DO COMPLEXO DEPORTIVO DE O TERRON ESTARÁN LISTOS NA PRIMAVERA

O Concello de Vilanova disporá dos novos vestiarios do complexo deportivo de O Terrón a principios de ano. Así o comunicou esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, que recibiu por parte da Deputación de Pontevedra a confimarción da licitación das obras dos vestiarios de O Terrón na xunta de goberno de hoxe. Esta actuación, que levará a cabo a Deputación de Pontevedra cun importe de 199.000 euros, pertence á primeira fase da creación do complexo deportivo de O Terrón, que xa conta con campo de futbol e unha pista de tenis. Esta previsto que as obras comecen proxímamente e que esten…

Read the full description

rematadas nun prazo de 4 meses. A seguinte fase, será a instalación da piscina climatizada que o concello de Vilanova conta con que se presuposte nos orzamentos da Deputación para o vindeiro ano. Por outra banda, outras das actuacións que ten previsto executar o concello de Vilanova e que xa contan co beneplácito de técnicos de Medio Ambiente son a modificación da entrada do cruce de Cardalda en San Miguel de Deiro, e a ampliación da ponte de O Terrón para a habilitación de beirarrúas e carril bici. Son datos que ofreceu esta mañá en rolda de prensa o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.