Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CIG PREPARA UNHA FOLGA XERAL E TENDE A MAN A UXT E CCOO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O sindicato CIG prepara unha folga xeral en contra das políticas laborais, económicas e sociais do goberno do Estado e tende a man a UXT e CCOO para que se sumen á convocatoria. A central nacionalista prevé que a mobilización se celebre antes do verán e agarda unha resposta dos outros dous sindicatos antes do primeiro de maio. Se non é así, a CIG convocará a folga xeral de forma unitaria. Así o explicaba esta mañá o secretario comarcal da CIG, Xoan Xosé Bouzas Aboi, na presentación dos actos do Primeiro de Maio. De principio, cara o Primeiro de Maio…
Read the full description
un ano máis os sindicatos celebrarán en Arousa por separado as manifestacións do Día do Traballo. A convocada pola CIG sairá ás 12 horas dende a Casa do Mar e UXT e CCOO partirán á mesma hora dende Ravella. Acabar cos contratos precarios e recuperar a negociación colectiva son parte das súas reivindicacións. Argumentos que ofrecían esta mañá os portavoces de UXT e CCOO, José Vázquez e Xesús Castro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.