Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CATOIRA MELLORA O ENTORNO DO MERCADO AMBULANTE COA COLABORACION DA XUNTA
O entorno do mercado ambulante de Catoira mellorará a súa accesibilidade e o estado das lousas. Trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vai ser modernizada e remodelada polo Concello, cun investimento de 36.000 euros, financiados nun 70% pola Consellería de Economía e Industria. Entre as actuacións previstas atópase a instalación dunha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida, a substitución de lousas de pedra país, a colocacón dun aparca bicicletas e a instalación dun Punto de Información ao Cliente. Ademais, tamén se…
Read the full description
instalarán toldos móviles para resgardar da choiva os postos do mercadillo ambulante que se celebra todos os venres. A zona onde se vai actuar recibiu esta mañá a visita do Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, dentro dos encontros que estes días está a realizar en diferentes municipios para supervisar as actuacións en curso que está a realizar a Xunta. As actuacións que se van realizar nolas explicaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde de Catoira, Alberto García, a preguntas da nosa compañeira Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.