Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DEPUTACION E CONCELLOS CONSENSUAN A DEFENSA DOS PARTIDOS XUDICIAIS
A Deputación de Pontevedra e os 13 alcaldes de concellos con sede xudicial consensuan a defensa dos partidos xudiciais. O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e os rexedores acordaron na reunión mantida esta mañá no Pazo Provincial solicitar ao Goberno do Estado que paralice a tramitación da reforma da Lei do Poder Xudicial. Ademáis tamén solicitan un estudio pormenorizado do mapa xudicial que teña en conta as opinións dos concellos e das institucións e entidades de todo tipo, e que desemboque nunha Lei acorde coa realidade, coa particularidade e co futuro da nosa provincia…
Read the full description
No encontro celebrado esta mañá, convocado polo Presidente da Deputación, estiveron presentes os 13 alcaldes da provincia directamente afectados polo proxecto de reforma que tramita o Ministerio de Xusticia, entre eles o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, o de Cambados, Luis Aragunde e o de Caldas Juan Manuel Rey. Nos argumentos que remiten ó goberno de estado o documento consensuado explica que Galicia e, en particular, a provincia de Pontevedra, ten unha configuración poboacional e de núcleos de asentamento territorial que as particulariza, individualiza e distingue frente a outras comunidades e provincias do Estado. Todos os asinantes do documento están de acordo en que o Proxecto de Reforma da Planta Xudicial suporia, de modificarse o actual mapa de partidos xudiciais, un perxuicio evidente, dende unha máis costosa accesibilidade á Xustiza debido ao aloxamento dela do xusticiable, ata as consecuencias socioeconómicas que a desaparición dos Xulgados acarrearía en todos os sectores das comarcas. Tamén se refiren á perda da identificación psicocultural que cada cidadán tén co seu entorno e que agravaría a actual merma poboacional ao carecer de servizos fundamentais nas capitais comarcais. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións na rolda de prensa de Rafael Louzán e do alcalde de Caldas Juan Manuel Rey.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.