skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O NOVO COLEXIO DE VILALONGA ESTARA EN FUNCIONAMENTO NO CURSO 2020-21

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O novo colexio de O Revel, en Sanxenxo, estará en funcionamento para o curso 2020-21. É a data anunciada esta mañá polo Conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodriguez, durante unha visita á zona de Vilalonga onde se vai construir o centro educativo. A nova infraestructura, que dará servizo ao alumnado escolarizado no actual CEIP Plurilingüe Cruceiro, suporá un investimento de arredor de 4,1 millóns de euros. O edificio ocupará unha superficie total de preto de 15.000 metros cadrados e será liña 2 (isto é, dúas unidades por curso), cunha capacidade…

Read the full description

para un total 450 alumnos. Ademais das aulas para uso estritamente educativo, o novo centro contará cun ximnasio e dúas pistas cubertas. Todos os detalles de carácter construtivo quedarán recollidos de xeito pormenorizado no proxecto técnico que se comezará a redactar en breve, logo de que se formalicen os trámites administrativos pertinentes para a cesión dos terreos por parte do Concello. Segundo explicou o conselleiro de Educación, a previsión coa que traballa a Consellería é licitar e comezala obra no segundo trimestre de 2019 co fin de que este novo CEIP estea a disposición da comunidade educativa ao longo do curso 2020-21. Ademais da construción desta nova infraestrutura escolar, Román Rodríguez lembrou que este mesmo ano se levará acabo a reparación da cuberta do CEIP de Noalla-Telleiro, á que se destinan 60.500 euros, e a reforma da instalación eléctrica do CEIP A Florida, cun orzamento de preto de 43.000 euros.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.