Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AUTONOMOS E PEMES DO SALNES E CALDAS TEÑEN DENDE HOXE EN CAMBADOS UN CENTRO DE ASESORAMENTO TECNOLOXICO
Preto de 10.000 autónomos e microempresas das comarcas do Salnés e Caldas ponden dende hoxe beneficiarse do Centro de Asesoramento de Novas Tecnoloxías que onte á tarde se inaugurou en Cambados, no Comarcal Exposalnés. O obxectivo final é que as empresas de ambas as dúas comarcas se beneficien das vantaxes das novas tecnoloxías para mellorar a súa competitividade e como motor de innovación. A nova oficina forma parte dunha rede de 6 centros, dos que xa botaron a andar os de Lalín (que atenderá as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes), o de Ponteareas (para empresarios e autónomos de O…
Read the full description
Condado e A Paradanta), e O Porriño que, xunto coa oficina de Vigo, que se inaugurará proximamente, dará cobertura aos 33.000 autónomos e microempresas das comarcas de Vigo e Baixo Miño. A eles sumarase a de Cambados que agora se inaugura e a sede central, que se situará no Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra e que atenderá as comarcas e Pontevedra e O Morrazo, ademais de coordinar ás 5 oficinas restantes. Asesoramento personalizado Desde hoxe mesmo, dous técnicos especializados atenderán o CPAE 2.0 de Cambados, no que os interesados poderán atopar resposta ás súas dúbidas tecnolóxicas, así como formación e asesoramento personalizado para un bo uso das tecnoloxías no seu negocio. O obxectivo do Centro de Asesoramento Empresarial en novas Tecnoloxías é, precisamente, difundir e achegar as vantaxes das TIC entre autónomos e micropemes da provincia, centrando a atención de maneira especial naquelas de 5 ou menos empregados, que constitúen o 92% do tecido produtivo da provincia e que, ademais, son as que máis dificultades teñen para incorporar as novas tencoloxías. O persoal técnico especializado da oficina non só responderá a todas as dúbidas tecnolóxicas dos usuarios, senón que ofertará actividades formativas e apoio e orientación personalizada para a implantación das ferramentas informáticas que mellor se adapten ás necesidades de cada empresa e negocio. O Centro disporá de dous técnicos que atenderán todas as consultas nun horario amplo e, ademais, para facer máis doado o acceso a este asesoramento especializado, as consultas poderán facerse de forma presencial, por teléfono ou a través da rede (correo electrónico, dispositivos móbiles…). Nesta oficina poderase atopar resposta a preguntas como a mellor maneira de aforrar nas comunicacións da empresa; como xestionar un negocio on-line; como controlar o stock da empresa desde un dispositivo móbil; como poñer en marcha plataformas de comercialización a través da rede ou que ferramentas de xestión que lle poden ser de utilidade, entre outras moitas. Trátase, en definitiva, de que cada empresario reciba o asesoramento tecnolóxico máis adaptado as súas necesidades. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións do Presidente da Deputación, promotora da iniciativa, do alcalde de Cambados e dos técnicos durante o acto de inauguración do centro. Alba Piñeiro falaba con eles.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.