skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O SECTOR VITIVINICOLA E O MAIS INTERESADO ATA O DE AGORA EN ABRIR MERCADO A TRAVES DE MEXICO

O sector vitivinícola é o máis interesado ata o momento en abrir mercados con México como vía de entrada a EEUU. Eso é o que se aprecia, alomenos, dende a Mancomunidade do Salnés que xa comezou cos preparativos dunha nova viaxe a cidade de AguasCalientes , co motivo de continuar coas negociacións para que os empresarios da comarca poidan emprender novas vías de comercio no mercado internacional. Esta visita esta prevista que se faga no mes de marzo e que acudan, ademáis do presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, e o Xerente, Ramón Guinarte, varios empresarios da comarca que están…

Read the full description

interesados en expandir ás súas vías de mercado. Estas negociacións fanse posibles tras o convenio de colaboración que se asinou entre a Mancomunidade do Salnés e AguasCalientes, na visita que Gonzalo Durán fixo á cidade hai tan so uns días. Un convenio que, segundo Gonzalo Durán, está tendo moi boa acollida tanto no sector industrial, como no do turismo e do comercio da comarca. Ademáís, Gonzalo Durán, tamén reprochou á Consellería de Sanidade o enésimo retraso da licitación do proxecto de ampliación do Hospital do Salnés, xa que o prazo de presentación do proxecto xa rematou e polo de agora dende a Consellería de Sanidade non se deu ningúnha información sobre o estado desta actuación. Pola contra, asegura Gonzalo Durán que tanto a Mancomunidade como os Concellos xa fixeron a súa parte: poñer a disposición o terreo necesario para a ampliación do Hospital. Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde, Gonzalo Durán, tamén deu conta doutros asuntos de interese tanto do Concello de Vilanova como da Mancomunidade do Salnés como son o próximo comezo das obras de excavación do Castelo de Monte Lobeira e a solicitude ante a Xefa de Costas para que continúe ata ás Sinas, a senda litoral da variante do Camiño de Santiago pola Costa que recorrera o Padre Sarmiento. Nos daba todos os detalles Gonzalo Durán, en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nesta conversa con Alba Piñeiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.