skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DURAN ANUNCIA MEDIDAS CONTRA O QUE CONSIDERA UNHA PERSECUCION DE 20 ANOS

O alcalde de Vilanova Gonzalo Durán resérvase ata mañá a súa valoración sobre o arquivo da causa aberta contra el polas supostas contratacións irregulares no concello denunciadas no seu día polo Partido Socialista local. A Sección Cuarta da Audiencia Provincial decidiu o sobreseemento por considerar que no proceder para este máis de medio cento de contratos houbo “falta de corrección” pero non aprecia delito algún. A Audiencia Provincial ratifica así a decisión do xulgado de Instrucción número 3 de Vilagarcía, contra a que presentaran recursos tanto o PSOE como a propia Fiscalía. Alegacións…

Read the full description

que agora rexeita o Tribunal Provincial. A decisión é firme e contra ela non cabe recurso, polo que a causa volverá ó xulgado para o seu arquivo definitivo. Fontes do entorno socialista amosan sorpresa pola decisión xudicial, xa que consideran que existen casos abertos contra outros alcaldes por supostas contratacións irregulares nos que non hai siquera os reparos administrativos que existen no caso de Vilanova. Tanto é así, que mesmo o secretario local do PSOE de Vilanova, Jorge María López, sopesa demitir tras coñecer a resolución xudicial. E pola súa banda, o alcalde Gonzalo Durán quere agardar a falar previamente cos seus abogados antes de valorar a sentencia pero xa anuncia medidas contra o que considera unha persecución de 20 anos. Así o decía ante os micrófonos de AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.