Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS EXTRABALLADORAS DE VALLE INCLAN PECHANSE NA DELEGACION DA XUNTA E CONSIGUEN UNHA REUNION CON TOURIS
O conflicto da Residencia Valle Inclán de Vilanova toma novos cauces.. As ex-traballadoras do xeriátrico, xunto cos seus representantes sindicais, pecháronse esta mañá no edificio da Xunta en Pontevedra, na novena planta, para esixir unha entrevista co delegado territorial José Manuel Cores Tourís. A intención e que éste, a súa vez, medie no seu conflicto e lles xestione unha reunión coa secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo. Despois de dúas horas, as ex-traballadoras de Valle Inclán abandonaron o peche ante o compromiso de que mañá serán recibidos ás 9 da mañá por Cores Tourís…
Read the full description
A dirección do xeriátrico despediu no que vai de ano a 39 traballadoras contratadas pola empresa Viaxes Silgar, á que, por certo, Inspección de Traballo impuxo unha multa de 6.250 euros por dúas infraccións graves. Sobre esta nova mobilización das ex-traballadoras da residencia Valle Inclán falabamos esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Xoan Xosé Bouzas Aboi, representante da CIG.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.