Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Un concerto pechara este venres o noites mouchas de cambados
Un concerto de tres grupos galegos e un dj pecharán este venres o programa Noites Mouchas que durante os dous últimos meses se estivo celebrando en Cambados como forma de ocio alternativo para a mocidade. A actuación de peche, que leva o nome de Noites Mouchas Fest, terá lugar no salón Peña a partir das 22 horas, con entradas a dous euros. Subiranse ao escenario os grupos Igmig de Vigo, Doen, do Salnés e Putas Lisérgicas de Cambados, ademáis do dj Cobblepot, Os asistentes poderán participar nun sorteo de agasallos. O Festival Noites Mouchas porá fin a tres meses de actividades creadas dende o…
Read the full description
Concello e a Asociación Efervescencia Mental, que, segundo os organizadores, tiveron unha gran acollida entre a mocidade. Un total de 200 xóvenes de toda a comarca asistiron as diferentes iniciativas programadas, sendo as máis concurridas a noite de “Furor”, “O que necesitas é amor”, “Noites Pinches” e “Noites de chilaba e cachimba”. Dado o éxito conseguido, tanto o Concello como o colectivo organizador están dispostos a ir pensando xa nunha próxima edición. Un balance que facían esta mañá unha das organizadoras, Bárbara Abal, a alcaldesa, Fátima Abal, e o portavoz municipal, Xurxo Charlín, nunha rolda de prensa na que estiveron acompañados de Eduardo Apariz de Efervescencia Mental, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.