Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHA EMPRESA DE VILAGARCIA COMO EXEMPLO DE INNOVACION E DESENVOLVEMENTO
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a empresa Kemegal Químicos, ubicada no polígono de O Pousadoiro, en Vilagarcía. Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou o traballo que desenvolve esta firma, adicada á fabricación de produtos químicos destinados a limpeza e hixiene en xeral, usando materias primas que non prexudican ao medio ambiente. Rueda incidiu no exemplo de empresas como ésta: unha Peme, respectuosa co medio ambiente, centrada na innovación e o desenvolvemento e cunha parte importante dedicada á…
Read the full description
exportación. Para elo, Kemegal Químicos contou nos últimos anos con varias axudas da Xunta. A máis relevante foi a do programa Conecta Peme no que a firma recibiu case 150.000 dos 180.000 euros que custou o proxecto. Neste sentido, o vicepresidente autonómico destacou a aposta da Xunta pola internacionalización e a innovación das empresas galegas como a mellor forma de gañar en competitividade e saír reforzados da crise. Son detalles que explicaban o xerente da empresa, Miguel García, e o vicepresidente Alfonso Rueda, durante a visita institucional que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.